Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Banda Ancha (Convocatoria – ÚNICO-Banda Ancha 2021)

Atrás
10/09/2021

Banda Ancha (Convocatoria – ÚNICO-Banda Ancha 2021)

250 millóns de euros en axudas, cunha intensidade máxima do 80%, en réxime de concorrencia competitiva para a promoción do avance científico e tecnolóxico, que inclúe o despregue de redes de banda ancha de velocidade ultrarrápida para facilitar a transformación dixital da economía e da sociedade.

Poderán ser beneficiarios as persoas xurídicas pertencentes ao sector privado que ostenten a condición de operador debidamente habilitado, conforme ao establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, de 9 de maio, Xeral de Telecomunicacións.

O obxectivo é proporcionar cobertura de redes de banda ancha de moi alta velocidade, capaces de prestar servicios a velocidades de ao menos 300 Mbps, escalables a 1 Gbps. A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais ten identificadas e publicadas as zonas elixibles para cada convocatoria, atopase publicada na sede electrónica do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital (ver aquí https://avancedigital.maps.arcgis.com/apps/webappviewer/index.html?id=17b771b2374c49978e4740fb47c3eaa5).

Gastos subvencionables:

  1. Infraestruturas e obra civil.
  2. Equipamento e outros materiais.
  3. Gastos de persoal.
  4. Outros custos xerais ou indirectos imputables ao proxecto.

Expresións de interese Expresións de interese