Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidad, F.S.P., para apoio a programas e proxectos de investigación en materia de xestión da biodiversidade

Atrás
31/12/2021

Convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidad, F.S.P., para apoio a programas e proxectos de investigación en materia de xestión da biodiversidade

Un total de 2,5 millóns de euros en axudas concederanse para a execución de proxectos e programas que xeren coñecemento e/ou desenvolvan accións, produtos, servicios ou procesos novos ou mellorados en consonancia coas prioridades do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, tal como se establecen nos seus planes e estratexias. Todas as liñas de investigación deberán manter unha liña obrigatoria de difusión de resultados e de transferencia dos mesmos á sociedade civil e ás autoridades interesadas en cada materia. Proxectos enmarcados no Compoñente 4, investimento 1, financiación máxima del 95% do proxecto cun límite de 400.000 euros.

O eido de actuación da actividade obxecto das axudas comprenderá todo o territorio nacional, se ben se poderán impulsar redes de colaboración internacional, sempre que sexan necesarias para a mellor consecución dos obxectivos do proxecto.

As accións non deberán implicar beneficio mercantil comercial directo para os beneficiarios.

As axudas concederanse, segundo a liña de investigación prioritaria, para a execución de proxectos e programas cuxa temática estea incluída nalgunha das que se describen a continuación, e que desenvolvan coñecemento, accións, produtos, servizos ou procesos novos ou mellorados, incluíndo as definidas a continuación para cada unha delas:

  1. Transición enerxética e biodiversidade terrestre e mariña
  2. Biodiversidade mariña e espazos mariños protexidos
  3. Corredoiros biolóxicos e infraestrutura verde

 

Beneficiarios:

a) Entidades e organizacións sen ánimo de lucro.

b) Organismos públicos de investigación da Administración Xeral do Estado e das Comunidades Autónomas.

c) Universidades públicas e seus Institutos universitarios que estean inscritas no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.

d) Colexios profesionais.

e) Administracións públicas.

f) Sociedades de capital, as cooperativas e as sociedades de persoas (regular colectiva e comanditaria simple).

g) Outras persoas xurídicas, públicas ou privadas.

h) Agrupacións de persoas xurídicas, públicas ou privadas que, aínda carecendo de personalidade xurídica, podan levar a cabo os proxectos obxecto de subvención.


Expresións de interese Expresións de interese