Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidad, F.S.P., para fomentar actuacións dirixidas á renaturalización e resiliencia de cidades españolas

Atrás
31/12/2021

Convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidad, F.S.P., para fomentar actuacións dirixidas á renaturalización e resiliencia de cidades españolas

Ata 58 millóns de euros en axudas para o fomento de actividades que contribúan á renaturalización urbana, incrementando a infraestrutura verde e a conectividade dos espazos verdes e azuis, co obxectivo de incrementar a biodiversidade e súa conservación e a adaptación ao cambio global e de mellorar a habitabilidade das capitais de provincia e outras cidades españolas de máis de 50.000 habitantes. Proxectos enmarcados no compoñente 4, investimento 3 cun investimento mínimo de 2 millóns e unha intensidade máxima da axuda do 95%, co límite de 4 millóns por solicitude.

Tipos de actuacións:

Tipo A: elaboración/actualización de estratexias de renaturalización, planificación urbanística sostible, planes de adaptación ao cambio climático relacionados coa renaturalización urbana e fluvial, ou de liberación de espazo dedicado á mobilidade privada que permitan a renaturalización urbana (estratexias de mobilidade sostible e espazo público), que contribúan a un aumento de biodiversidade e a súa conservación.

Tipo B: intervencións específicas sobre o territorio a nivel de metrópole, cidade, área periurbana e urbana, barrio, edificio ou mazá. Se poderá considerar, entre outras, as seguintes actuacións

  • Creación, restauración ecolóxica, conexión de espazos naturais, que contribúan a un aumento de biodiversidade e a súa conservación
  • Liberación de espazo público, áreas abandoadas, áreas de tráfico rodado para súa renaturalización, creación de hortas urbanas, desenvolvemento de espazos verdes na vía pública e sendas peonís, instalación de pavimentos filtrantes e drenaxes sostibles, xardíns de chuvia, parques inundables, outras actuacións.
  • Renaturalización e fomento da biodiversidade autóctona, mellora da nidificación, prevención e redución das especies exóticas invasoras, apoio á conservación dos polinizadores, proxectos de xestión do ciclo integral da auga, e restauración fluvial, sistemas urbanos de drenaxe sostible, diminución da impermeabilización das cidades, eliminación de prácticas prexudiciais para a biodiversidade, micro-infraestruturas azuis (charcas e similares), xestión dos materiais e compostaxe comunitario, outras actuacións.
  • Actuacións sobre edificios.

 

Beneficiarios:

  • Concellos de capitais de provincia ou municipios que conten con máis de 50.000 habitantes conforme ao censo oficial proporcionado polo INE 2020.
  • As seguintes entidades, sempre e cando se integren en agrupacións de beneficiarios xunto con ao menos un municipio que cumpra as condicións do apartado anterior:
  1. Concellos de municipios que conten cunha poboación de máis de 20.000 habitantes.
  2. Entidades e organizacións sen ánimo de lucro. Cando estas entidades realicen actividades económicas e non económicas, as axudas só poderán ir dirixidas a estas últimas.
  3. Organismos públicos de investigación da Administración Xeral do Estado e das Comunidades Autónomas.
  4. Universidades públicas e seus Institutos universitarios que estean inscritas no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.
  5. Centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica sen ánimo lucro de ámbito estatal que estean inscritos no Rexistro de centros creado polo Real Decreto 2093/2008.
  6. Centros públicos ou privados sen ánimo de lucro de I+D+i que nos seus estatutos ou na normativa que os regule teñan a I+D+i como actividade principal.
  • No suposto de agrupacións deberán cumprir as condicións do artigo 2.3.da Orde. Para todos os casos, os municipios que integren as agrupacións, deben ser limítrofes e participar dun proxecto común.

Os proxectos deberán incluír de forma obrigatoria e transversal a toda a proposta as seguintes accións:

a) Plan de gobernanza e participación.

b) Plan de comunicación e sensibilización.

c) Plan de medición e seguimento de indicadores.


Expresións de interese Expresións de interese