Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidad F.S.P., para o reforzo de redes de varamentos e rescate de especies mariñas 2021

Atrás
24/11/2021

Convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidad F.S.P., para o reforzo de redes de varamentos e rescate de especies mariñas 2021

As axudas de 4,25 millóns de euros se concederán para a execución de proxectos que contribúan á xeración e reforzo de redes de varamentos e rescate de especies mariñas, á mellora da coordinación e execución da resposta ante eventos de capturas accidentais, varamentos e rescate, ao mantemento e benestar das especies, así como á xeración de coñecemento a partir da toma de datos e seu análise.


Beneficiarios:

  1. Entidades e organizacións sen ánimo de lucro debidamente autorizadas por parte da Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ou pola Comunidade Autónoma onde se vaia a xerar a rede.
  2. As administracións das Comunidades Autónomas.
  3. As universidades públicas e seus institutos universitarios, que estean inscritas no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.

A intensidade máxima da axuda será do 95% do proxecto cun límite de 400.000 euros, sendo o importe mínimo de 50.000 euros.


Expresións de interese Expresións de interese