Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Manifestación de interese dirixida aos membros da conferencia sectorial de administración pública en relación coas actuacións financiables do programa de inversión “transformación dixital e modernización do ministerio de política territorial e función pública e das administracións das comunidades autónomas e entidades locais” do compoñente 11 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

Atrás
06/06/2021

O obxectivo é que a AGE, as CCAA e as EELL definan as actuacións que poderán desenvolverse con cargo aos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Trátase de medidas incluidas no programa de inversión 3 do compoñente 11.

O financiamento asciende a 1.000 millóns de euros no periodo 2021-2023. Destes, 578,6 millóns corresponden ás CCAA; 391,4, ás EELL; e os 30 restantes, ao Ministerio de Política Territorial e Función Pública. Para este exercicio, xa están comprometidos 136 millóns para as autonomías e 92 para as entidades locais. 

O programa de inversión conta con cinco liñas estratéxicas. Cada comunidade autónoma desenvolverá, ao menos, un proxecto nunha delas:

  1. Administración orientada á cidadanía: pretende modernizar os servizos públicos, favorecendo empregabilidade, utilidade, calidade, accesibilidade, mobilidade dos servizos públicos dixitais e a modernización e capacitación. 
  2. Operacións intelixentes: está enfocada a mellorar a calidade, cantidade e eficencia dos servizos e procesos de xestión e tramitación das administracións públicas, a través do uso de tecnoloxías de automatización intelixente. 
  3. Goberno do dato: ten como obxectivo democratizar o acceso aos datos, permitindo o libre acceso á información e súa replicabilidade.
  4. Infraestructuras dixitais: busca dotar ás administracións públicas das infraestruturas tecnolóxicas necesarias para súa modernización.

Enlaces

Expresións de interese Expresións de interese