Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Subvencións a agrupacións de entidades que realicen proxectos de investimento e reforma en materia de investigación para o desenrolo tecnolóxico, a innovación e o equilibrio da cadea de comercialización no sector pesqueiro e da acuicultura

Atrás
18/09/2021

Subvencións a agrupacións de entidades que realicen proxectos de investimento e reforma en materia de investigación para o desenrolo tecnolóxico, a innovación e o equilibrio da cadea de comercialización no sector pesqueiro e da acuicultura

Subvención enmarcada no Compoñente 3 do PRTR. O importe total máximo estimado ascende a 9.000.000 de euros en réxime de concorrencia competitiva, dos que serán subvencionables ata o 100% dos gastos recollidos no artigo 14 do Real Decreto. Por equilibrio da cadea de comercialización, deben entenderse todas aquelas accións que permitan mellorar a trazabilidade dos produtos da pesca e a acuicultura ao longo de toda a cadea de comercialización, especialmente, no que á utilización de sistemas de transmisión electrónica se refire.

Poderán ser destinatarios das subvencións:

  • As corporacións que representen ao sector extractivo, ao da acuicultura, ao transformador ou ao comercializador-distribuidor dos produtos pesqueiros e da acuicultura.
  • As entidades recollidas no artigo 47 da Lei 14/2011.
  • As universidades públicas.
  • As entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que desenrolen actividades de I+D+i.
  • Os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal regulados polo RD2093/2008.

Expresións de interese Expresións de interese