Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Subvencións para a adquisición e instalación de sistemas de seguimento electrónico remoto (REM), para o cumprimento da obriga de desembarque, para a dixitalización da flota de pequena escala e para o apoio ao sector pesqueiro extractivo, acuícola, comercializador e transformador

Atrás
18/11/2021

Subvencións para a adquisición e instalación de sistemas de seguimento electrónico remoto (REM), para o cumprimento da obriga de desembarque, para a dixitalización da flota de pequena escala e para o apoio ao sector pesqueiro extractivo, acuícola, comercializador e transformador

Ata 3.300.000 euros para o apoio ao sector extractivo, acuícola, comercializador e trasformador para fomentar a recuperación e modernizar o modelo produtivo pesqueiro, mediante a financiación de proxectos de mellora de comunicacións, dixitalización do sector extractivo, acuícola, comercializador, transformador, minoristas, maioristas e de proxectos de mellora de servizos de saúde a través de comunicacións para diagnóstico e prevención de enfermidades a bordo, así como aqueles que modernicen desde un punto de vista tecnolóxico o sector, o fagan máis interconectado e dixital e aseguren un enfoque modernizador dos sistemas produtivos, de comercialización ou xestión. Proxectos cun orzamento mínimo de 100.000 euros e máximo de 300.000 euros, será financiable o 100% se son asociacións do sector extractivo, acuícola, comercializador e transformador, así como organizacións de produtores, ou ben do 50% se é unha PEME.

Beneficiarios: As pequenas e medianas empresas («PEME») dedicadas á produción, transformación ou comercialización de produtos da pesca e da acuicultura cando cumpran cos requisitos previstos no Regulamento (UE) n.º 1388/2014


Expresións de interese Expresións de interese