Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Subvencións para a realización de proxectos de innovación en materia de prevención da institucionalización, desinstitucionalización e desenvolvemento de servizos de apoio comunitarios no ámbito dos cidadáns de longa duración

Atrás
17/11/2021

Subvencións para a realización de proxectos de innovación en materia de prevención da institucionalización, desinstitucionalización e desenvolvemento de servizos de apoio comunitarios no ámbito dos cidadáns de longa duración

Facilitar a financiación de proxectos piloto de innovación que contribúan ao desenvolvemento de políticas públicas sobre a desinstitucionalización e a transformación do modelo de apoios e coidados de longa duración, a través da implementación de solucións innovadoras de transición cara a servizos de apoio comunitarios, e personalizados que permitan o intercambio de coñecemento, extraer aprendizaxes e evidencias e a identificación de melloras no sistema.

Os proxectos deberán estar dirixidos á consecución dun dos seguintes eixos:
– Eixo 1: Xerar solucións que contribúan a que persoas institucionalizadas transiten de forma segura cara a unha vida elixida na comunidade.
– Eixo 2: Xerar solucións preventivas que eviten novos ingresos de persoas que estean en risco de ser institucionalizadas, facilitando que podan desenvolver unha vida elixida na comunidade.

Beneficiarias:
Entidades con personalidade xurídica propia que estean validamente constituídas no momento da presentación da solicitude de axuda sempre que pertenzan a algunha das seguintes categorías tal e como se definen a continuación:
1.º As Entidades do Terceiro Sector de Acción Social, tal e como veñen definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, de 9 de outubro, do Terceiro Sector de Acción Social.
2.º As Entidades da Economía Social, tal e como veñen definidas no artigo 5 da Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social.
3.º Entidades privadas sen ánimo de lucro que nos seus estatutos teñan como fin a realización de actividades relacionadas cos proxectos a desenvolver.

A dotación financeira destas subvencións ascende a un total de 110.000.000 euros


Expresións de interese Expresións de interese