Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Subvencións para apoiar a cobertura de vacantes en sectores estratéxicos de interese nacional mediante a financiación de accións formativas que inclúan compromisos de contratación de persoas desempregadas para os anos 2022 e 2023

Atrás
28/07/2023

Subvencións para apoiar a cobertura de vacantes en sectores estratéxicos de interese nacional mediante a financiación de accións formativas que inclúan compromisos de contratación de persoas desempregadas para os anos 2022 e 2023

Poderán ser beneficiarias das subvencións:

a) As empresas dos sectores estratéxicos sinalados con vacantes a cubrir en centros de traballo radicados en dous ou máis comunidades autónomas e que adquiran o compromiso de contratación das persoas traballadoras formadas no marco da actividade subvencionada.

b) As entidades de formación de ámbito estatal que aporten os compromisos de contratación mediante acordos ou convenios con empresas que efectuarán a contratación dos sectores estratéxicos sendo preciso que cada unha das empresas dispoña de vacantes a cubrir en centros de traballo radicados en dous ou máis comunidades autónomas e que adquiran o compromiso de contratación das persoas traballadoras formadas.

Sectores estratéxicos:

a) Aeroespacial: Centros de control e telecomunicacións.

b) Industria nuclear: Produción e almacenamento radiolóxico.

c) Industria química: Sustancias químicas, armas e explosivos.

d) Auga: Depósitos, embalses, tratamento de auga e distribución.

e) Enerxía: Electricidade, hidrocarburos e gas.

f) Saúde: Bioloxía, asistencia hospitalaria, vacinas e laboratorios farmacéuticos.

g) Tecnoloxías da información e as comunicacións: Telefonía, Radio e Televisión.

h) Investigación: Laboratorios de I+D+I e almacenamento.

i) Transporte: estradas, ferrocarril, aéreo, marítimo e portos.

j) Alimentación: Centros de almacenamento e centros de distribución.

k) Financeiro: Mercados regulados, sistemas de compensación e sistemas de pago.

l) Construción: Prioritariamente as competencias correspondentes a ocupacións con vacantes.

Os programas de formación se financiarán por un importe de 120.000.000 €. 80.000.000 € para 2022 y 40.000.000 € para 2023.

Prazo 1º: 29/12/21 a 15/02/22

Prazo 2º: 18/04/22 a 27/05/22

Prazo 3º: 01/09/22 a 11/10/22

Prazo 4º: 01/02/23 a 14/03/23

Prazo 5º: 19/06/23 a 28/07/23

Enlaces


Expresións de interese Expresións de interese