Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

“Programa ICEX Localiza" de ICEX España Exportación e Inversiones, E.P.E

Atrás
21/11/2021

“Programa ICEX Localiza" de ICEX España Exportación e Inversiones, E.P.E

Liña de 2 millóns de euros en subvencións destinadas a apoiar os proxectos de internacionalización en mercados exteriores, con excepción dos mercados dos Estados membros da UE, de pequenas e medianas empresas españolas (en adiante, PEMES españolas) que conten con marca española propia e reúnan os requisitos sinalados na Orde.
Beneficiarios:
h) Ser PEMES de conformidade co anexo 1 do Regulamento (UE) n.º 651/2014.
i) Contar con marca española propia tanto para o mercado doméstico como no mercado de destino da implantación.
j) Se o proxecto presentado para seu apoio inclúe unha filial constituída no mercado obxectivo, esta deberá estar participada en máis do 50 % de seu capital por parte da empresa solicitante e potencial beneficiaria da axuda, excepto nos casos nos que a lexislación local obrigue a unha porcentaxe menor [...], a data de constitución deberá ser posterior ao 1 de maio de 2019. Admitirase tanto nova creación dos establecementos permanentes [...], en todo caso, posterior ao 1 de maio de 2019.
k) Non ter contraída unha débeda con ICEX.
l) Cumprir co artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, que regula os requisitos dos beneficiarios.
m) Non atoparse en situación de «empresa en crisis». Considerarase que unha empresa está nesa situación se concorre ao menos unha das circunstancias descritas no paragrafo 20 da Comunicación da Comisión Europea. Directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crisis (2014/C 249/01).
n) Os beneficiarios destas axudas deberán estar ao corrente do pago das obrigas de reembolso de calquera outros préstamos ou anticipos concedidos anteriormente con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado.
 
A subvención será o 50 % dos gastos considerados como susceptibles de subvención cun límite máximo de 30.000 euros por beneficiario, independentemente do número de proxectos apoiados. Os gastos subvencionables son:
- Gastos previos, de constitución e primeiro establecemento (estudos de viabilidade, gastos de constitución da filial, sucursal ou oficina de representación, asesoramento externo)
- Gastos de promoción ligados ao desenvolvemento do plan de internacionalización no mercado de implantación (investigación de mercados, material de difusión e promoción, servizos de adaptación da marca ao mercado de implantación, programas informáticos e aplicacións móbiles, publicidade, posicionamento e márketing, accións promocionais, patrocinios comerciais, relaciones públicas, participación en feiras, asistencia no mercado de destino, etc.)
- Gastos de defensa xurídica da marca e homologación (Rexistro de patentes e marcas, defensa da marca, homologacións e certificacións dirixidas ao mercado de destino...)

Expresións de interese Expresións de interese