Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Axudas 2021 destinadas a proxectos de investigación e desenvolvemento en intelixencia artificial e outras tecnoloxías dixitais e súa integración nas cadeas de valor

Atrás
09/10/2021

Axudas 2021 destinadas a proxectos de investigación e desenvolvemento en intelixencia artificial e outras tecnoloxías dixitais e súa integración nas cadeas de valor

A finalidade é seleccionar, en réxime de concorrencia competitiva, aos beneficiarios das axudas (105 millóns de euros) para financiar proxectos e actuacións relacionadas con algunha das seguintes tecnoloxías dixitais:

  1. Intelixencia artificial: machine learning; deep learning; neural networks.
  2. Internet das Cousas (IoT).
  3. Tecnoloxías de procesamento masivo de datos e información (Open/ Linked/Big Data).
  4. Computación de alto rendemento ( high performance computing).
  5. Computación na nube.
  6. Procesamento de linguaxe natural.
  7. Ciberseguridade; biometría e identidade dixital.
  8. Blockchain (cadea de bloques).
  9. Robótica.
  10. Realidade virtual e aumentada, efectos especiais e simulación.
  11. Impresión 3D e fabricación aditiva.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran coas definicións do Regulamento (UE) n.º 651/2014. Proxectos con inversión mínima de 500.000 euros para investigación industrial e de 300.000 euros para desenvolvemento experimental:

Tipo de proxecto Pequena empresa Mediana empresa Resto de empresas
a.1) Investigación industrial 70% 60% 50%
a.2) Investigación industrial con ampla difusión dos resultados 80% 75% 65%
b.1) Desenvolvemento experimental 45% 35% 25%
b.2) Desenvolvemento experimental con ampla difusión dos resultados 60% 50% 40%

 


Expresións de interese Expresións de interese