Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Axudas públicas a proxectos de colaboración público-privada no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Atrás
19/01/2022 - 09/02/2022

Axudas públicas a proxectos de colaboración público-privada no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Proxectos de desenvolvemento experimental  de colaboración público-privada entre entidades empresariais e organismos de investigación. A contía das axudas ou orzamento financiable non poderá́ ser inferior a 400.000 euros nin superior a 15 millóns por entidade e por proxecto.

• O proxecto implicará a colaboración efectiva entre, ao menos, unha empresa e un ou varios organismos de investigación .

• A suma das porcentaxes de participación empresarial (empresas e asociacións empresariais sectoriais) deberá́ ser, ao menos, do 51 % do orzamento total presentado, sen que ningunha entidade supere o 70 % de dito orzamento.

Son proxectos de desenvolvemento experimental aqueles dirixidos á adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou de outro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados. Poderá́ incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos ou servizos.

Entidades beneficiarias:

a) Organismos públicos de investigación.

b) Universidades públicas e seus institutos universitarios.

c) Institutos de investigación sanitaria acreditados.

d) Outros centros públicos de I+D+i, con personalidade xurídica propia, que nos seus estatutos ou na normativa que os regule ou no seu obxecto social teñan a I+D+i como actividade principal.

e) Centros tecnolóxicos de ámbito estatal e centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal.

f) Universidades privadas con capacidade e actividade demostrada en I+D.

g)  Centros privados de I+D+i, con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que teñan definida nos seus estatutos ou na normativa que os regule ou no seu obxecto social a I+D+i como actividade principal.

h) Empresas.

i) Asociacións empresariais sectoriais .

j) Centros de I+D a que se refire a disposición adicional 14ª da Lei 14/2011, de 1 de xuño , e os centros públicos de I+D+i de investigación agraria ou alimentaria dependentes das Comunidades Autónomas integrados no sistema INIA-CCAA .

Enlaces


Expresións de interese Expresións de interese