Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Axudas públicas a proxectos estratéxicos orientados á transición ecolóxica e á transición dixital, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023

Atrás
19/01/2022

Axudas públicas a proxectos estratéxicos orientados á transición ecolóxica e á transición dixital, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023

Os 296 millóns de euros en axudas teñen como finalidade fomentar as actividades de I+D+i co fin de incrementar a competitividade e liderazgo internacional da ciencia e a tecnoloxía españolas a través da xeración de coñecemento científico, mediante unha investigación de calidade orientada á transición ecolóxica e á transición dixital.
Serán obxecto de axuda as propostas presentadas para a realización de proxectos estratéxicos orientados á transición ecolóxica e á transición dixital.

Entidades beneficiarias:
- Organismos públicos de investigación definidos no artigo 47 da Lei 14/2011
- Universidades públicas, seus institutos universitarios, e as universidades privadas con capacidade e actividade demostrada en I+D+i
- Entidades e institucións sanitarias públicas e privadas vinculadas ou concertadas co Sistema Nacional de Saúde, que desenvolvan actividades de I+D+i
- Institutos de investigación sanitaria acreditados
- Centros Tecnolóxicos de ámbito estatal e Centros de Apoxo á Innovación Tecnolóxica
- Outros centros públicos e privados de I+D+i, con personalidade xurídica propia


Expresións de interese Expresións de interese