Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Convocatoria de axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España durante o ano 2021

Atrás
20/11/2021

Convocatoria de axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España durante o ano 2021

Ata 933.000 euros en axudas para a organización de festivais ou certames cinematográficos de recoñecido prestixio que se celebren durante o ano 2021 en España e que dediquen especial atención á programación e difusión do cine español, comunitario e iberoamericano, así como a películas de animación, documentais e curtometraxes. Ademais, o festival ou certame ten que haberse celebrado anteriormente como mínimo en dúas edicións consecutivas nos tres años anteriores á data de publicación desta convocatoria. Entendese por festivais e certames as manifestacións, mercados, semanas, mostras e, en xeral, toda celebración cinematográfica ou audiovisual similar na que o cine sexa o tema principal e central, así como as cerimonias de entregas de premios de recoñecido prestixio internacional.

Poderán ser beneficiarios:

  1. As Comunidades Autónomas e os organismos e entidades delas dependentes,
  2. As entidades públicas que teñan a consideración de Corporacións Locais e os organismos e entidades delas dependentes,
  3. As persoas xurídicas,
  4. persoas físicas.

Todos eles deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 54 da Orde CUD/769/2018, de 17 de xullo.

As axudas irán dende os 3.000 euros ata os 120.000 euros. Poderase solicitar ata un máximo do 50% da suma total das seguintes agrupacións de gastos de preparación, organización, funcionamento e promoción do festival ou certame, que serán considerados subvencionables sempre que de forma indubitada estean relacionados con el, resulten estritamente necesarios e estean vencellados á edición que se celebre en 2021:

  • Proxeccións presenciais (alugueiro de salas, equipo técnico, etc.)
  • Dixitalización (aloxamento virtual dos contidos, aplicacións, etc.)
  • Xestión de películas (dereitos de exhibición, subtitulado...)
  • Edición de publicacións
  • Comunicación e prensa
  • Publicidade e difusión
  • Invitados
  • Premios ou galardóns oficiais
  • Contratación de persoal para tarefas auxiliares
  • Gastos de implantación de medidas de seguridade hixiénico-sanitarias e laborais como consecuencia da COVID-19
  • Sustentabilidade

Expresións de interese Expresións de interese