Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidade F.S.P., para apoio a grandes proxectos transformadores de índole científico-técnica para a promoción da bioeconomía e a contribución á transición ecolóxica

Atrás
31/12/2021

Convocatoria de subvencións da Fundación Biodiversidade F.S.P., para apoio a grandes proxectos transformadores de índole científico-técnica para a promoción da bioeconomía e a contribución á transición ecolóxica

Un total de 20 millóns de euros en axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva para a execución de grandes proxectos transformadores de natureza científico-técnica que contribúan á promoción da bioeconomía, a transición ecolóxica, ao reto demográfico e ao fortalecemento de capacidades, fomentando a participación, a igualdade de xénero e a xeración de emprego verde. Proxectos enmarcados no Compoñente 4, investimento 2, cun investimento mínimo de 250.000 euros e unha intensidade da axuda do 95% como máximo, cun límite de 2 millóns por solicitude.

Poderase considerar, entre outras, a seguinte tipoloxía de accións

  • Desenvolvemento e diversificación das actividades produtivas, a través da utilización do coñecemento dispoñible e súa aplicación á mellora da sustentabilidade económica, social e ambiental, consolidación ou xeración de novas actividades baseadas na transformación de recursos de tipo biolóxico e fomento de actividades tradicionais
  • Mantemento da integridade e resiliencia dos procesos naturais, os ecosistemas e as especies e os bens e servizos ecosistémicos que proveen, como base dunha bioeconomía sostible.
  • Iniciativas que impliquen a redución do uso de materias primas ou u uso de subprodutos e outras materias primas de modo eficiente e sostible; e actuacións para o desenvolvemento de bioprodutos e servizos que conleven innovación e cooperación que favoreza e/ou potencie a conservación da biodiversidade.
  • Accións que faciliten a mitigación ou adaptación ao cambio climático, mantendo a resiliencia dos ecosistemas e seus servizos, así como a redución doutros impactos, riscos e ameazas ao medio, incluíndo accións contra a proliferación de especies exóticas invasoras.
  • Xeración de empregos verdes e desenvolvemento de capacidades, coñecementos, innovación e novos modelos empresariais sostibles.

 

Beneficiarios:

a) Entidades e organizacións sen ánimo de lucro.

b) Organismos públicos de investigación da Administración Xeral do Estado e das Comunidades Autónomas.

c) Universidades públicas e seus Institutos universitarios que estean inscritas no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos.

d) Colexios profesionais.

e) Administracións públicas.

f) Sociedades de capital, as cooperativas e as sociedades de persoas (regular colectiva e comanditaria simple).

g) Outras persoas xurídicas, públicas ou privadas.

h) Agrupacións de persoas xurídicas, públicas ou privadas que, aínda carecendo de personalidade xurídica, podan levar a cabo os proxectos obxecto de subvención.


Expresións de interese Expresións de interese