Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Convocatoria extraordinaria Planes de Sustentabilidade Turística en Destinos para entidades locais

Atrás
20/09/2021

Convocatoria extraordinaria Planes de Sustentabilidade Turística en Destinos para entidades locais

Folla de ruta que guiará a selección e financiación de proxectos destinados a apoiar a transformación dos nosos destinos en polos de innovación turística que os fagan máis resilientes, ao tempo que se avanza cara a unha maior cohesión territorial, non só relacionando a oferta e os destinos de cada territorio, senón creando conexións entre os destinos de distintas rexións.

A Estratexia establece unha tipoloxía de destinos aos que corresponden uns umbrales mínimos de investimento por plan.

  • Gran Destino Urbano (Madrid e Barcelona): 10 millóns de euros.
  • Sol e Praia moi internacionalizado: 5 millóns de euros.
  • Destino Urbano/ Cidade con identidade turística/ Sol e praia mixto ou residencial: 2 millóns de euros.
  • Rural costeiro/ Espazos naturais terrestres/ Destinos rurais con identidade turística: 1 millón de euros.

Debese ter en conta, que na solicitude, deberse seleccionar se o proxecto presentado opta a un Plan de Sustentabilidade Turística en Destino ou concorre a un Plan Nacional de Sustentabilidade Turística.


Expresións de interese Expresións de interese