Convocatorias Convocatorias

Atrás

Convocatoria para Infraestruturas Científicas e Técnicas Singulares (ICTS)

Atrás
22 June 2021

Convocatoria para Infraestruturas Científicas e Técnicas Singulares (ICTS)

Estas axudas destinaránse a financiar liñas de inverstimento asociadas á construción, desenvolvemento, instrumentación, equipamento e mellora das capacidades científico-técnicas das ICTS. Esta convocatoria é financiada polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea.

As Infraestruturas Científicas e Técnicas Singulares (ICTS) son grandes instalacións únicas no seu xénero, que están dedicadas á investigación e desenvolvemento tecnolóxico de vanguardia e de máxima calidade, así coma fomentar a transmisión, intercambio e preservación do coñecemento, a transferencia de tecnoloxía e a innovación. Están repartidas por todo o territorio e recollidas no Mapa de ICTS.

En 2022 publicarase outra convocatoria por 37 millóns de euros para financiar actuacións dos novos planes estratéxicos das ICTS 2021-2024.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 2 de xuño ata o 22 de xuño de 2021 ás14:00 horas.