Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

MOVES Proxectos Singulares II

Atrás
28/09/2021

MOVES Proxectos Singulares II

100 millóns de euros para desempeñar Proxectos singulares de mobilidade que teñan como finalidade contribuír ao cumprimento dos obxectivos correspondentes ao investimento 2 do compoñente 1 do PRTR, así como á «descarbonización» do sector transporte mediante o fomento da electrificación da mobilidade. Os obxectivos do C1.I2 segundo o Plan son:

  • Renovación do parque de vehículos lixeiros mediante a adquisición de vehículos eléctricos enchufables e de pila de combustible, incentivando o achatarramento de vehículos antigos.
  • Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos no eido residencial e de comunidades de veciños, incluída a preinstalación.
  • Despregue de infraestrutura de recarga pública, en contornas urbanas, interurbanas e en contornas comerciais e empresariais.
  • Despregue de recarga eléctrica para uso privado de flotas de empresas.
  • Proxectos singulares de innovación, relativos a desenvolvementos experimentais e industriais ligados á electromobilidade
  • Grandes proxectos singulares de infraestrutura de recarga na rede nacional de estradas, “hubs” de recarga eléctrica, tendo especial relevancia a recarga ultra rápida.

Os beneficiarios por concorrencia competitiva serán:

  • Todo tipo de empresas con personalidade xurídica propia
  • Universidades e centros privados de investigación e desenrolo, con personalidade xurídica propia
  • Consorcios e agrupacións empresariais con ou sen personalidade xurídica propia
  • O sector publico institucional (organismos públicos e entidades de dereito público vinculados ou dependentes das AAPP)

Enlaces


Expresións de interese Expresións de interese