Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico

Atrás
03/01/2022 - 30/09/2022

Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico

Entenderase por municipios de reto demográfico os municipios de ata 5.000 habitantes e os municipios non urbanos de ata 20.000 habitantes en que todas as súas entidades singulares de poboación sexan de ata 5.000 habitantes. Para a determinación dos municipios de reto demográfico teranse en conta as cifras publicadas da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2020. As axudas previstas nesta convocatoria faranse efectivas polos importes de 1.649.098 euros e 180.000 euros para a anualidade 2022 e 1.649.098 euros e 180.000 euros para a anualidade 2023, respectivamente.

Estas actuacións deberán acadar as dúas seguintes condicións:

– Unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto á situación actual do edificio.

– A mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano). Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A.

 

Beneficiarios:

a) As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda existentes.

b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

c) As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

 

Presentación de solicitudes a partir do 3 de xaneiro de 2022.


Expresións de interese Expresións de interese