Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Programa Investigo

Atrás
01/01/2022 - 31/12/2023

Programa Investigo

Axudas destinadas á financiación polo Servizo Público de Emprego Estatal, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, do "Programa investigo", de contratación de persoas novas de 16 ou máis anos e que non cumpriran 30 anos, e que se atopen desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, no momento de comezar a relación contractual, na realización de iniciativas de investigación e innovación.

Poderán ser beneficiarios:

  1. Organismos públicos de investigación definidos no artigo 47 da Lei 14/2011
  2. Universidades públicas, seus institutos universitarios, e as universidades privadas con capacidade e actividade demostrada en I+D+i
  3. Centros e institucións sanitarias públicas e privadas sen ánimo de lucro, vinculadas ou concertadas co Sistema Nacional de Saúde, que desenvolvan actividades de I+D+i.
  4. Institutos de investigación biomédica ou sanitaria acreditados por orde ministerial
  5. Centros Tecnolóxicos de ámbito estatal e Centros de Apoio á Innovación Tecnolóxica de ámbito estatal que estean inscritos no rexistro de centros
  6. Outros centros públicos de I+D+i, con personalidade xurídica propia, que, en seus estatutos ou en seu obxecto social ou na normativa que os regule, teñan a I+D+i como actividade principal.
  7. Centros privados de I+D+i, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que teñan definida, nos seus estatutos ou no seu obxecto social ou na normativa que os regule, a I+D+i como actividade principal.
  8. Empresas pertenecentes ao sector público ou privado, que estean invirtindo na realización de iniciativas de investigación e innovación contempladas nesta norma.
  9. Centros de I+D a que se refire a disposición adicional 14ª da Lei 14/2011

 

A financiación para a realización das actuacións obxecto desta convocatoria ascende a 71.129.030 euros. Destes, 58.709.680€ para o exercicio 2022 e 12.419.350€ para o exercicio 2023.

Prazo 1º:  17/02/2022

Prazo 2º:  01/09/2022

Prazo 3º:  01/08/2023


Expresións de interese Expresións de interese