Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Programas de axudas para autoconsumo, baterías e climatización renovable.

Atrás
06/09/2023

Programas de axudas para autoconsumo, baterías e climatización renovable.

As solicitudes de axuda correspondentes poderán cursarse a partir do momento e na forma que establezan as Comunidades Autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla nas súas respectivas convocatorias. Os investimentos directas que estes puideran levar a cabo serán realizadas conforme ao que se establece polo Real Decreto.

Os programas contemplados son:

  • Programa 1. Autoconsumo e almacenamento no sector servicios.
  • Programa 2. Autoconsumo e almacenamento en outros sectores produtivos, como a industria ou o agropecuario.
  • Programa 3. Incorporación de almacenamento en autoconsumos existentes en sectores económicos.
  • Programa 4. Autoconsumo e almacenamento no sector residencial, o sector público e o terceiro sector.
  • Programa 5. Incorporación de almacenamento en autoconsumos do sector residencial, sector público e terceiro.
  • Programa 6. Climatización e auga quente sanitaria obtida con renovables no sector residencial, incluída a vivenda pública protexida.

Será subvencionable o investimento en equipos e materiais; a obra civil; os equipamentos electromecánicos, hidráulicos, de control e auxiliares; os sistemas de xestión e monitorización, a redacción de proxectos, memorias técnicas e dirección facultativa, entre outras actuacións.

Os destinatarios destas axudas serán as Comunidades Autónomas, as entidades locais, as persoas xurídicas e agrupacións de empresas ou de persoas físicas, con ou sen personalidade xurídica, etc. (artigo 11 del RD)

A duración será ata 31/12/2023


Expresións de interese Expresións de interese