Estás en:
Atrás
137 proxectos presentados á primeira convocatoria de axudas para a Dixitalización do Regadío
Atrás
29/12/2023
137 proxectos presentados á primeira convocatoria de axudas para a Dixitalización do Regadío
O prazo de presentación de solicitudes para a primeira convocatoria de axudas á Dixitalización do Regadío, enmarcada no PERTE para a dixitalización do ciclo da auga, e promovida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), rematou con 137 proxectos presentados que abarcan aproximadamente 1,3 millóns de hectáreas de superficie regable. Esta superficie regable esténdese por todo o territorio español, no ámbito de doce distritos hidrográficos, sendo a conca do Duero a que máis participación acadou en número de solicitudes, seguida da súa contraparte do Ebro e do Guadalquivir. Das 137 solicitudes, 125 son realizadas por solicitantes de forma individual e 12 en agrupación de solicitantes, estando constituídas estas últimas pola unión de entre 2 a 21 entidades. Con todo isto, en total, presentáronse solicitudes de 178 Comunidades de Regantes, 29 Comunidades de Usuarios de Augas Subterráneas, 9 Comunidades Xerais, 4 Xuntas Centrais e unha Asociación/Federación de Comunidades de Regantes, o que supón un total de 221 entidades solicitantes. Os importes das axudas solicitadas oscilarán entre os 100 mil e os 4 millóns de euros, acadando unha axuda total solicitada próxima aos 80 millóns de euros. O obxectivo fundamental de todas estas iniciativas é avanzar cara á implantación de estratexias de modernización que permitan avanzar cara a unha agricultura de regadío máis intelixente, precisa e sostible que optimice os procesos produtivos. Estas solicitudes oscilan entre os 100.000 euros e os 4 millóns por proxecto, cunha media próxima aos 500.000 euros e unha dispoñibilidade total nesta convocatoria de 100 millóns do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, coa posta en marcha prevista para a primaveira de 2024 da segunda convocatoria. Hai que esperar ata a publicación dos beneficiarios para coñecer os proxectos/beneficiarios galegos.