Estás en:
Atrás
238 proxectos presentados na segunda convocatoria do PERTE de dixitalización do ciclo da auga
Atrás
28/12/2023
238 proxectos presentados na segunda convocatoria do PERTE de dixitalización do ciclo da auga
O prazo de presentación de solicitudes para a segunda convocatoria de axudas do PERTE de Dixitalización do Ciclo da Auga, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), rematou coa presentación de 238 proxectos que abranguen aproximadamente 3.500 municipios de todo o territorio español, dos cales aproximadamente o 70% son municipios de pequeño tamaño, é dicir, de menos de 5.000 habitantes. Presentáronse solicitudes de municipios de todas as comunidades autónomas e provincias do territorio español, atendendo a un total aproximado de 40 millóns de habitantes. A maioría dos proxectos contemplan varios ámbitos municipais, non obstante, o número de concellos atendidos varía dende un ata máis de 20 municipios dentro do ámbito territorial de execución do proxecto, chegando un deles ata os 315 municipios. As solicitudes recibidas foron tanto individuais como grupais. O número de entidades participantes nesta convocatoria é superior a 400, tanto de natureza pública como concellos, deputacións, asociacións ou empresas públicas, entre outros, de natureza público-privada, como empresas municipais mixtas e consorcios, e tamén operadores privados. Os importes das axudas solicitadas oscilan entre os 500 mil e os 10 millóns de euros, alcanzando as axudas solicitadas un total de 1.084.770.387,37 € con intensidades de axuda solicitadas que varían entre o 20% e o 100% do custo total subvencionable das actuacións. Hai que esperar ata a publicación dos beneficiarios para coñecer os proxectos/beneficiarios galegos.