Estás en:
A AEI resolve as axudas para proxectos “Proba de Concepto” (convocatoria 2023) enmarcadas no PERTE CHIP
A AEI resolve as axudas para proxectos “Proba de Concepto” (convocatoria 2023) enmarcadas no PERTE CHIP
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades publicou o 13 de maio de 2024, a través da Axencia Estatal de Investigación, a resolución pola que se concede a convocatoria 2023 de proxectos “Proba de Concepto”, convocatoria enmarcada no PERTE CHIP.
Segundo a convocatoria publicada o 14 de setembro de 2023, e cuxo prazo rematou o 17 de outubro de 2023, o orzamento máximo establécese en 30.300.000 €. Seleccionáronse 104 proxectos presentados por 39 entidades, sendo o importe total adxudicado 21.227.919 € (o 70% do total orzamentado).
A distribución das axudas concedidas polas comunidades autónomas é a seguinte:
Convocatoria “Prueba de concepto” PERTE CHIP | |||
CCAA | Nº Beneficiarios | Total concedido € | % Sobre o concedido |
Cataluña | 8 | 7.963.566 | 37,51% |
Madrid | 7 | 4.734.777 | 22,30% |
Andalucía | 7 | 3.363.450 | 15,84% |
Aragón | 3 | 1.457.253 | 6,86% |
Valencia | 3 | 1.339.373 | 6,31% |
Murcia | 1 | 580.658 | 2,74% |
Castilla y León | 2 | 526.882 | 2,48% |
Navarra | 1 | 419.047 | 1,97% |
País Vasco | 1 | 200.981 | 0,95% |
Galicia | 1 | 165.770 | 0,78% |
Cantabria | 2 | 153.646 | 0,72% |
Islas Canarias | 1 | 143.730 | 0,68% |
Castilla-La Mancha | 1 | 92.440 | 0,44% |
Extremadura | 1 | 86.346 | 0,41% |
Islas Baleares |
|
| 0,00% |
Principado de Asturias |
|
| 0,00% |
La Rioja |
|
| 0,00% |
Total | 39 | 21.227.919 |
|
Cataluña é a CCAA que máis axudas recibiu, así como a que conta con maior número de beneficiarios, captando case o 40% do total das axudas concedidas nesta convocatoria. En segundo lugar sitúase Madrid con sete entidades beneficiarias que obtiveron un total de 4.734.777 € (o 22,30% do total concedido). Galicia ocupa a décima posición cunha universidade galega á que se concedeu 165.770 €, o que supón o 0,78% dos fondos concedidos.
Os datos da entidade galega beneficiaria son os seguintes:
CIF | Entidade solicitante | Centro | Axuda total concedida (€) |
Q1518001A | Universidade de Santiago de Compostela | Facultad de Ciencias de Comunicación | 165.770 |
Total (€) | 165.770 |