Estás en:
Atrás
A AIReF desenvolve un Observatorio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
Atrás
24/04/2024
A AIReF desenvolve un Observatorio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) desenvolveu un Observatorio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia co obxectivo de superar as limitacións de información existentes e determinar o impacto macroeconómico e fiscal do PRTR para incorporalo ao seu labor de supervisión das Administracións pública. A ferramenta céntrase nos contratos formalizados e subvencións concedidas ata o 31 de marzo de 2024, que supoñen un total de 608.644 operacións, por valor de 32.052 millóns de euros e 538.603 beneficiarios únicos. Dos 32.062 millóns concedidos e formalizados ata o 31.03.2024, 13.653 millóns foron convocados polo SPI; 8.428 millóns, a AGE; 7.562 millóns, as CCAA e 2.419 millóns, as CCLL. O Observatorio ofrece información detallada sobre o destino dos fondos por compoñentes e liñas de investimento e permite que esta información se vexa polo miúdo por subsectores, órganos convocantes, adxudicatarios, concesionarios e rexión de impacto. A AIReF actualizará trimestralmente a ferramenta e mellorala e ampliala en futuras fases co obxectivo de poder analizar o impacto potencial do PRTR e a súa capacidade transformadora.