Estás en:
A Comisión Europea autoriza 837 millóns de euros para a producción de baterías, dentro da segunda convocatoria do PERTE VEC
A Comisión Europea autoriza 837 millóns de euros para a producción de baterías, dentro da segunda convocatoria do PERTE VEC
A Comisión Europea (CE) aprobou 837 millóns de euros para a fabricación de baterías para vehículos eléctricos e conectados dentro do marco regulatorio de axudas da segunda convocatoria do PERTE do sector do Vehículo Eléctrico e Conectado (PERTE VEC). No seu comunicado, a CE conclúe que o marco español é necesario, adecuado e proporcionado para acelerar a transición ecolóxica e facilitar o desenvolvemento de determinadas actividades económicas, que son imprescindibles para a implementación Plan Industrial do Pacto Verde, que se axusta ás condición establecidas nos Marco Temporal de Crise e Transición. España é o primeiro país da Unión Europea que notificou un esquema de axuda ó amparo da sección 2.8 do Marco Temporal e é o primeiro que obtén unha autorización como a de hoxe. A segunda convocatoria do PERTE VEC, que está previsto que se anuncie no mes de xuño e que estará dotada con 1.475 millóns de euros, contén importantes novedades, entre as que se encontran a ampliación dos umbráis de axuda introducidos no Reglamento de Excención por Categorías e a inclusión das flexibilizaciones para determinados proxectos que se establecen no Marco Temporal pola guerra de Ucrania, permitindo unha simplificación administrativa do procedemento. Ademáis, esta nova edición terá dúas liñas: unha para o ecosistema de baterías (a que autorizou a CE) e outra para proxectos individuais con impacto nos distintos eslabóns da cadea de valor dos vehículos eléctricos e conectados. O Goberno quere que España se convirta nun país referente tanto na producción de baterías para os vehículos eléctricos como nas novas formas de Mobilidade verde e sustentable. Neste sentido, xa hai unha gigafactoría en marcha na Comunidade Valenciana, que estará operativa en 2026, e varios proxectos máis en carteira que, ahora, poderán acollerse a esta nova convocatoria. Na convocatoria 2022 do PERTE VEC, resolta o 20 de xaneiro de 2023, aprobáronse 10 proxectos tractores que percibirán unha axuda total por importe de case 800 millóns de euros (525,98 millóns de euros en forma de subvención e 267,74 millóns de euros en forma de préstamo).