Estás en:
Atrás
A Conferencia Sectorial de Agricultura acorda o reparto entre as comunidades autónomas de 156,3 millóns de euros
Atrás
13/10/2022
A Conferencia Sectorial de Agricultura acorda o reparto entre as comunidades autónomas de 156,3 millóns de euros
A Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural acordou a distribución entre as distintas comunidades autónomas de 156.369.174,69 euros para a financiación de distintos programas agrícolas e gandeiros. A maior parte, 147,5 millóns de euros, correspóndense con inversións contempladas no PRTR que xestiona o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Os fondos para as axudas ás inversións contempladas dentro do PRTR acordados na Conferencia Sectorial corresponden ás líneas de agricultura de precisión (C3.I4) e bioseguridade (C3.I3).
No caso da Comunidade Autónoma de Galicia correspóndenlle 24.937.391,06 euros no devandito reparto.