Estás en:
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publica a resolución de concesión da convocatoria para a elaboración e a execución dos proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento Interxeracional, para o ano 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicou o 23 de abril de 2025, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a resolución de concesión da Convocatoria dirixida a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e a execución dos proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento Interxeracional, para o ano 2025 (Cód. Proc. BS508E).
Segundo a convocatoria publicada o 10 de xaneiro de 2025, cuxo prazo finalizou o 14 de febreiro de 2025, o orzamento máximo establécese en 597.007 €. Seleccionáronse 26 entidades, entre as que hai entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, sendo o importe total concedido de 455.949 € (un 76,37 % do total orzamentado).
A distribución xeográfica dos beneficiarios é a seguinte:
| Provincia | Número de entidades | Importe axuda (€) |
| A Coruña | 12 | 217.598 |
| Ourense | 9 | 157.018 |
| Pontevedra | 5 | 81.33 |
| Total | 26 | 455.959 |