Estás en:
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou as subvencións concedidas do 1 de xaneiro ó 30 de marzo de 2024 das axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte de estrada, así como as empresas que realicen transporte privado complementario, enmarcada no PERTE ERHA
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou as subvencións concedidas do 1 de xaneiro ó 30 de marzo de 2024 das axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte de estrada, así como as empresas que realicen transporte privado complementario, enmarcada no PERTE ERHA
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, publicou o 15 de abril de 2024, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, as subvencións concedidas no periodo do 1 de xaneiro ó 30 de marzo de 2024, das Axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privas prestadoras de servicios de transporte de estrada, así como as empresas que realicen transporte privado complementario, convocatoria enmarcada no PERTE ERHA.
Nas mencionadas axudas inclúense actividades relativas ó achatarramento de vehículos (IF318B), a adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono (IF318C), retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos (IF318D), de implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos (IF318E), e de adquisición de semirremolques para autopistas ferroviarias (IF318F). No periodo indicado, do 1 de xaneiro ó 30 de marzo de 2024, só publicaron beneficiarios das actividades relativas ó achatarramento de vehículos (IF318B). A convocatoria aínda está aberta, o seu prazo remata o 6 de xuño de 2026.
Segundo a convocatoria publicada o 30 de marzo de 2023, e tras a ampliación orzamentaria publicada no DOG o 26 de outubro do 2023, o orzamento máximo para a líña de achatarramento establécese en 12.862.639 €. O 15 de abril de 2024 publicouse unha nova listaxe dos beneficiarios seleccionados no período do 1 de xaneiro ó 30 de marzo de 2024, incorporando 82 beneficiarios por importe de 1.624.000 €. Deste xeito o importe total concedido a día de hoxe é de 11.588.336 € (un 90,09 % do total orzamentado).
Índicase a continuación, a distribución dos beneficiarios polas distintas provincias galegas:
Provincia | Número de beneficiarios | Importe axuda (€) |
A Coruña | 27 | 508.500 |
Pontevedra | 26 | 496.000 |
Lugo | 18 | 379.500 |
Ourense | 9 | 240.000 |
Total | 80 | 1.624.000 |