Atrás

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou novos beneficiarios das axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servicios de transporte de carretera, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, enmarcada no PERTE ERHA

Atrás
22/01/2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou novos beneficiarios das axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servicios de transporte de carretera, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, enmarcada no PERTE ERHA

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, publicou o 22 de xaneiro de 2024, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, as subvencións concedidas no periodo do 1 de outubro a 31 de decembro do 2023, das axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servicios de transporte de carretera, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, convocatoria enmarcada no PERTE ERHA.

Nestas axudas, inclúense actividades relativas ó achatarremento de vehículos (IF318B), adquisición de vehículos de enrxías alternativas baixas en carbono (IF318C), retrofit ou modificación da forma de propulsión de vehículos (IF318D), de implantación de infraestructuras de recarga de vehículos eléctricos (IF318E) e de adquisición de semirremolques para autopistas ferroviarias (IF318F). No periodo indicado, do 1 de outubro ó 31 de decembro, só foron publicados beneficiarios das actividades relativas ó achatarramento de vehículos (IF318B) e das actividades relativas á adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono (IF318C). A convocatoria aínda está aberta, o seu prazo remata o 6 de xuño de 2026.

Segundo a convocatoria publicada o 30 de marzo de 2022, e tras a ampliación orzamentaria publicada no DOG o 26 de outubro de 2023, o orzamento máximo para a línea de achatarremento (IF318B) establécese en 12.862.639 €. O 22 de xaneiro de 2024, publicouse unha listaxe dos beneficiarios seleccionados no periodo do 1 de outubro ó 30 de decembro de 2023, incorporando 72 beneficiarios por importe de 1.417.000 €. Deste xeito, o importe total concedido a día de hoxe é de 9.964.336 € (un 77,47 % del total orzamentado).

Indícase a continuación, a la distribución dos beneficiarios polas distintas provincias galegas:

 

 

Provincia

Número de beneficiarios

Importe axuda (€)

Lugo

30

515.000

A Coruña

21

496.500

Pontevedra

19

380.500

Ourense

2

25.000

Total

72

1.417.000

 

O orzamento máximo para a línea de actividades relativas á adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono (IF318C) establécese en 12.576.802 €. O 22 de xaneiro de 2024, publicouse unha listaxe dos beneficiarios seleccionados no periodo do 1 de outubro ó 30 de decembro de 2023, incorporado 20 beneficiarios por importe de 3.580.000 €. Deste xeito o importe total concedido a día de hoxe é de 7.490.000 € (un 59,55 % do total orzamentado).

Indícase a continuación, a la distribución dos beneficiarios polas distintas provincias galegas:

 

Provincia

Número de beneficiarios

Importe axuda (€)

Lugo

3

340.000

A Coruña

10

2.150.000

Pontevedra

5

710.000

Ourense

2

380.000

Total

20

3.580.000