Atrás

A Consellería de Medio Rural publica as axudas concedidas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Atrás
01/10/2024

A Consellería de Medio Rural publica as axudas concedidas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

A Consellería do Medio Rural publicou, o 1 de outubro de 2024, a resolución do 16 de setembro de 2024, pola que se resolven as solicitudes de subvención presentadas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2023, pola que se establecen, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas, para o fomento e apoio de agrupacións forestais de xestión conxunta e asociacionismo forestal.

A convocatoria, publicada no DOG o 12 de xaneiro de 2024 e cuxo prazo de presentación de solicitudes remataba o 12 de abril do mesmo ano, estableceu un orzamento máximo de 1.919.145 € para o ano 2024, que se distribúe en 3 liñas de actuación:

  • Liña I Organización de accións de difusión que fomenten o coñecemento e poñan en valor a importancia estratéxica das agrupacións forestais de xestión conxunta: 260.000 €.
  • Liña II Apoio a asociacións sen ánimo de lucro que teñan por obxecto a comercialización conxunta de produtos forestais: 320.000 €.
  • Liña III Creación e apoio de agrupacións forestais de xestión conxunta: 1.439.145 €.

En total concedéronse 974.348,54 € (un 50% do total orzamentado), distribuídos segundo as liñas de actuación:

  • Liña I: Concedéronse un total de 48.403,79 € a 5 beneficiarios.
  • Liña II: Concedéronse un total de 83.603,87 € a 2 beneficiarios.
  • Liña III: Concedéronse un total de 842.340,88 € a 17 beneficiarios.