Atrás

A Consellería do Medio Rural publica a resolución das axudas concedidas no marco das axudas para a rexeneración en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal

Atrás
02/12/2024

A Consellería do Medio Rural publica a resolución das axudas concedidas no marco das axudas para a rexeneración en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal

A Consellería do Medio Rural publicou no DOG, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, o 2 de decembro de 2024, a resolución de concesión das Axudas para a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sostible para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas (Códigos de procedemento MR620C e MR620D).

Segundo a convocatoria publicada o 23 de xaneiro de 2024, cuxo prazo de presentación de solicitudes finalizou o 8 de abril de 2024, establécese un orzamento máximo de 1.487.642 €. Seleccionáronse 72 entidades, sendo o importe total concedido de 1.480.606 € (un 99,53 % do total orzamentado).

A distribución das entidades por provincia é a seguinte:

Provincia

Nº Entidades

Importe axuda (€)

Pontevedra

29

637.829

Ourense

27

495.642

Lugo

14

297.834

A Coruña

2

49.301

Total 

72

1.480.606