Estás en:
A Consellería do Medio Rural publicou a resolución de concesión das axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta
A Consellería do Medio Rural publicou a resolución de concesión das axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta
A Consellería do Medio Rural publicou o 3 de decembro de 2025, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, a resolución de concesión das Axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta (Código de procedemento MR608F).
Segundo a convocatoria publicada o 3 de abril de 2025, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 13 de xuño de 2025, o orzamento máximo establécese en 1.402.582 €. Seleccionáronse 22 entidades, ás que se lles concederon 613.022 € (un 43,71 % do total orzamentado).
A distribución das entidades polas provincias galegas é a seguinte:
| Provincia | Número de beneficiarios | Importe total concedido (€) |
| A Coruña | 10 | 252.675 |
| Lugo | 8 | 218.898 |
| Pontevedra | 3 | 49.849 |
| Ourense | 1 | 91.600 |
| Total | 22 | 613.022 |