Estás en:
A construción de vivendas para aluguer social ascende a 24.964, superando nun 25% o compromiso coa Unión Europea
A construción de vivendas para aluguer social ascende a 24.964, superando nun 25% o compromiso coa Unión Europea
A ministra de Vivenda e Axenda Urbana, presentou este martes ao Consello de Ministros un informe sobre o estado de execución dos Fondos PRTR relacionados co Compoñente 2 dedicado á "Implementación da Axenda Urbana Española: Plan de rehabilitación e rexeneración Urbana". No programa de construción de vivendas en aluguer social en edificios de eficiencia enerxética, a ministra anunciou que o MIVAU alcanzou as 24.964 vivendas financiadas con axudas concertadas por un importe de 1.000 millóns de euros (994.556.620 €). Isto sitúase nun 25% por riba do obxectivo inicialmente previsto, que era de 20.000 vivendas, grazas aos 211 acordos asinados coas CCAA e as entidades locais. No que respecta ao programa de Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP), dotado con 1.080 M€, o grao de cumprimento é do 56,95% respecto dos 290.000 m2 rehabilitados comprometidos con Europa e que se están a analizar. O investimento en Rehabilitación de Barrios, un programa dotado con 3.420 M€, supón a sinatura de máis de 285 actuacións, que supoñen 841 millóns de euros. En canto á Rehabilitación de vivendas residenciais, o MIVAU conta na actualidade cun total de 197.349 actuacións aceptadas e 317.509 en estudo. No caso de Galicia, asináronse 8 acordos que contemplan a construción dun total de 1.217 vivendas cun importe de 58,4 millóns de €.