Estás en:
A Fundación Biodiversidade publica a primeira proposta de resolución definitiva da Convocatoria para o impulso da Economía Circular no sector do téxtil, da moda e confección e do calzado, no marco do PERTE EC
A Fundación Biodiversidade publica a primeira proposta de resolución definitiva da Convocatoria para o impulso da Economía Circular no sector do téxtil, da moda e confección e do calzado, no marco do PERTE EC
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou a través da Fundación Biodiversidade, o 15 de setembro de 2025, a primeira proposta de resolución definitiva da convocatoria para o impulso da economía circular no sector téxtil, da moda e confección e do calzado, no marco do PERTE de Economía Circular.
Segundo a convocatoria publicada o 24 de xuño de 2024, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 16 de agosto de 2024, establecíase un orzamento máximo de 97.500.000 €. Seleccionáronse 43 beneficiarios, aos cales se lles concederon 30.563.864 € (un 31,34 % do total orzamentado).
A distribución polas distintas CCAA é a seguinte:
| CCAA | Nº Beneficiarios | Total concedido (€) | % Sobre o concedido |
| Cataluña | 26 | 12.731.800 | 41,66% |
| Valencia | 8 | 12.406.452 | 40,59% |
| País Vasco | 1 | 2.275.966 | 7,45% |
| Galicia | 1 | 1.076.545 | 3,52% |
| Cantabria | 1 | 666.787 | 2,18% |
| Islas Baleares | 1 | 600.642 | 1,97% |
| La Rioja | 3 | 570.111 | 1,87% |
| Islas Canarias | 1 | 131.407 | 0,43% |
| Madrid | 1 | 104.154 | 0,34% |
| Andalucía |
|
|
|
| Castilla y León |
|
|
|
| Castilla La Mancha |
|
|
|
| Aragón |
|
|
|
| Extremadura |
|
|
|
| Murcia |
|
|
|
| Navarra |
|
|
|
| Asturias |
|
|
|
| Total | 43 | 30.563.864 | 100% |
Entre os beneficiarios hai unha entidade galega que obtivo 1.076.545 € (un 3,52 % do total concedido) para levar a cabo dous proxectos en Arteixo. O detalle do beneficiario galego é o seguinte:
| CIF | Beneficiario | Proxecto | Importe axuda (€) |
| B70388129 | INICIATIVA SOCIAL EMPRENDEDORA DE RECICLAJE TEXTIL | Novas infraestruturas de tratamento de residuo para a obtención de novedosas materias primas na planta de Arteixo | 780.325 |
| B70388129 | INICIATIVA SOCIAL EMPRENDEDORA DE RECICLAJE TEXTIL | Nova liña de tratamento de residuo do calzado para a obtención de novedosas materias primas na planta de Arteixo. | 296.220 |
| Total concedido (€) | 1.076.545 | ||