Estás en:
A Fundación Biodiversidade publicou a última e 3ª resolución parcial de axudas ao Impulso da Economía Circular, convocatoria enmarcada no PERTE EC
A Fundación Biodiversidade publicou a última e 3ª resolución parcial de axudas ao Impulso da Economía Circular, convocatoria enmarcada no PERTE EC
Segundo a convocatoria publicada o 19 de decembro de 2022, o orzamento é de 192.000.000 €. O prazo de presentación de solicitudes rematou o 23 de xaneiro de 2023. Publicáronse tres resolucións parciais.
A 1ª resolución parcial publicouse o 23 de outubro de 2023, sendo seleccionados 23 beneficiarios e un total concedido de 4.492.764 €. Entre os beneficiarios da 1ª resolución parcial, hai un beneficiario galego ao que se lle concederon 171.491 €.
A 2ª resolución parcial publicouse o 28 de decembro de 2023, pola que se seleccionaron 4 beneficiarios de axudas que suman un importe de 940.314 €. Na 2ª resolución parcial, non hai ningún proxecto/beneficiario galego.
A 3ª resolución parcial publicouse o 4 de marzo de 2023 e foron seleccionados 88 beneficiarios, sendo o importe total concedido de 160.082.047 €. Un total de seis entidades galegas obtiveron 13.669.351 € nesta 3ª e última resolución parcial.
En definitiva, as tres resolucións parciais concederon un total de 165.515.125 € (o 86,20% do total orzamentado) a 115 beneficiarios de case toda España. Quedan sen asignar un total de 26.484.875 €.
A distribución xeográfica dos beneficiarios é a seguinte:
Convocatoria Impulso de la Economía Circular - PERTE EC | |||
| Nº Beneficiarios | Total concedido (€) | %Sobre el concedido |
Cataluña | 28 | 60.741.264 | 36,70% |
País Vasco | 16 | 22.792.009 | 13,77% |
Aragón | 9 | 15.585.035 | 9,42% |
Galicia | 7 | 13.840.842 | 8,36% |
Madrid | 11 | 12.766.347 | 7,71% |
Andalucía | 14 | 12.265.063 | 7,41% |
Castilla y León | 8 | 8.898.515 | 5,38% |
Valencia | 6 | 6.435.530 | 3,89% |
Murcia | 9 | 5.068.890 | 3,06% |
Principado de Asturias | 1 | 3.859.415 | 2,33% |
Castilla-La Mancha | 3 | 2.400.561 | 1,45% |
Extremadura | 1 | 333.000 | 0,20% |
Islas Baleares | 1 | 320.493 | 0,19% |
Navarra | 1 | 208.160 | 0,13% |
Cantabria |
|
| 0,00% |
Islas Canarias |
|
| 0,00% |
La Rioja |
|
| 0,00% |
Total | 115 | 165.515.125 |
|
Cataluña é a comunidade autónoma con maior porcentaxe de axudas obtidas, o 36,70% do total concedido. Seguida polo País Vasco que obtivo 22.792.009 € (13,77%). Galicia ocupa a cuarta posición con 13.840.842 € a sete beneficiarios galegos, o que supón un 8,36 % do concedido a nivel nacional.
O detalle das sete entidades galegas beneficiarias é o seguinte:
CIF | Nombre beneficiario | Importe ayuda (€) |
B98719438 | PAPELERA DE SARRIA S.L. | 768.679 |
B32449456 | CEDAN JOBS S.L. | 1.494.364 |
A36058634 | ALUMISEL S.A.U. | 1.091.400 |
A36058634 | ALUMISEL S.A.U. | 2.823.827 |
A28141224 | FORESA INDUSTRIAS QUÍMICAS DEL NOROESTE, S.A. | 3.060.502 |
A15275449 | PETSLECT S.A. | 4.430.580 |
Q1518001A | ECOCELTA GALICIA SL | 171.491 |
Total concedido de ayuda (€) | 13.840.843 |