Estás en:
A IDAE publica a Resolución Definitiva do Programa MOVES FROTAS, convocatoria incluida no PERTE VEC
A IDAE publica a Resolución Definitiva do Programa MOVES FROTAS, convocatoria incluida no PERTE VEC
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), publicou o 4 de abril de 2024 a Resolución Definitiva para a concesión de axudas da terceira convocatoria do Programa de incentivos a proxectos de electrificación de frotas de vehículos lixeiros (Programa MOVES FROTAS), convocatoria incluida no PERTE VEC.
Segundo a convocatoria publicada o 20 de xullo de 2023, cuxo prazo rematou o 18 de outubro de 2023, o orzamento máximo é de 30.000.000 €. Seleccionaron 26 beneficiarios, sendo o importe total concedido de 13.506.158 € (un 45,02 % do total orzamentado). Incorporaronse dous novos proxectos como beneficiarios tras a aceptación das alegacións na resolución provisional de dúas entidades cuxos proxectos executanse en Madrid, pasando o número de proxectos desta comunidade de 15 a 17. Así o importe total concedido pasa de 13.140.058 € a 13.506.158 €. Entre los beneficiarios hai dúas entidades galegas que obtiveron 64.146€ (un 0,48% do total concedido).
A distribución por comunidade autónoma dos proxectos benefiarios é a seguinte:
| Programa MOVES FROTAS III | |||
|
| Nº Beneficiarios | Total concedido (€) | % Sobre o concedido |
| Madrid | 17 | 10.499.303 | 77,74% |
| Islas Baleares | 2 | 1.295.806 | 9,59% |
| Valencia | 1 | 926.606 | 6,86% |
| Andalucía | 3 | 681.400 | 5,05% |
| Galicia | 2 | 64.164 | 0,48% |
| Castilla y León | 1 | 38.878 | 0,29% |
| Aragón |
|
| 0,00% |
| Principado de Asturias |
|
| 0,00% |
| Cantabria |
|
| 0,00% |
| Castilla-La Mancha |
|
| 0,00% |
| Cataluña |
|
| 0,00% |
| Extremadura |
|
| 0,00% |
| Islas Canarias |
|
| 0,00% |
| La Rioja |
|
| 0,00% |
| Murcia |
|
| 0,00% |
| Navarra |
|
| 0,00% |
| País Vasco |
|
| 0,00% |
| Total | 26 | 13.506.158 |
|
Madrid é a comunidade con maior número de beneficiarios (17), e a que maior importe de axudas obtivo, un 77,74 % do total concedido. Illas Baleares é a seguinte, cun 9,59 % do total concedido. Galicia ocupa a quinta posición cun 0,48 % do total concedido.
O detalle das entidades galegas é o seguinte:
| CIF | Nome beneficiario | Título proxecto | Importe axuda (€) |
| B05321732 | TALLERES DEMICAR S.L. | DEMICAR S.L. | 27.800 |
| B36650992 | ASCENSORES ENOR S.L. | MOVES FLOTAS - ASCENSORES ENOR | 36.364 |
| Total concedido de axuda (€) | 64.164 | ||