Estás en:
A IDAE publica a Resolución Provisional do Programa MOVES FROTAS, convocatoria incluida no PERTE VEC
A IDAE publica a Resolución Provisional do Programa MOVES FROTAS, convocatoria incluida no PERTE VEC
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, publicou o 22 de xaneiro de 2024, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), a Resolución Provisional para a concesión de axudas en relación ca terceira convocatoria do Programa de incentivos a proxectos de electrificación de frotas de vehículos lixeiros (Programa MOVES FROTAS), convocatoria incluida no PERTE VEC.
Segundo a convocatoria publicada o 20 de xullo de 2023, cuxo plazo rematou o 18 de outubro do 2023, o orzamento máximo é de 30.000.000 €. Seleccionaron 24 beneficiarios, sendo o importe total concedido de 13.140.070 € (un 43,80 % do total orzamentado).
A distribución por comunidade das entidades é a seguinte:
| Programa MOVES FLOTAS III | |||
|---|---|---|---|
| Nº Beneficiarios | Total concedido | %Sobre o concedido | |
| Madrid | 15 | 10.133.203 | 77,12% |
| Islas Baleares | 2 | 1.295.806 | 9,86% |
| Valencia | 1 | 926.606 | 7,05% |
| Andalucía | 3 | 681.400 | 5,19% |
| Galicia | 2 | 64.164 | 0,49% |
| Castilla y León | 1 | 38.878 | 0,30% |
| Aragón | 0,00% | ||
| Principado de Asturias | 0,00% | ||
| Cantabria | 0,00% | ||
| Castilla-La Mancha | 0,00% | ||
| Cataluña | 0,00% | ||
| Extremadura | 0,00% | ||
| Islas Canarias | 0,00% | ||
| La Rioja | 0,00% | ||
| Murcia | 0,00% | ||
| Navarra | 0,00% | ||
| País Vasco | 0,00% | ||
| Total | 24 | 13.140.058 | |
Madrid é a comunidade con maior número de beneficiarios, 15, así como a que maior importe de axudas obtivo, un 77,12 % do total concedido. Islas Baleares é a seguinte, cun 9,86 % do total concedido. Galicia ocupa unha quinta posición con dous beneficiarios, por importe de 64.164 €, o que representa un 0,49 % do total concedido.
O detalle das entidades galegas é o seguinte:
| CIF | Nome beneficiario | Título proxecto | Importe axuda (€) |
|---|---|---|---|
| B05321732 | TALLERES DEMICAR S.L. | DEMICAR S.L. | 27.800 |
| B36650992 | ASCENSORES ENOR S.L. | MOVES FLOTAS - ASCENSORES ENOR | 36.364 |
| Total concedido de axuda (€) | 64.164 | ||