Atrás

A ministra de Ciencia, Innovación e Universidades preside o acto “Innovación e cooperación no espazo: a Constelación Atlántica e o apoio a emerxencias”

Atrás
20/01/2025

A ministra de Ciencia, Innovación e Universidades preside o acto “Innovación e cooperación no espazo: a Constelación Atlántica e o apoio a emerxencias”

A ministra de Ciencia, Innovación e Universidades anunciou no o acto “Innovación e cooperación no espazo: a Constelación Atlántica e o apoio a emerxencias” o lanzamento dunha convocatoria extraordinaria para o desenvolvemento de aplicacións satelitais para a xestión de desastres naturais, dirixida á prevención, mitigación e recuperación de efectos adversos causados por eventos climáticos extremos nas costas españolas. Esta convocatoria contará cun investimento de ata 5 millóns de € e permanecerá aberta ao longo de 2025 ata esgotar o orzamento.