Atrás

A SETT destina 19,5 millóns de € a medios de comunicación para dixitalización e linguas cooficiais

Atrás
18/06/2025

A SETT destina 19,5 millóns de € a medios de comunicación para dixitalización e linguas cooficiais

A Sociedade Española para a Transformación TecnolóxicaEntidade Pública Empresarial, SETT, adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e de Función Pública, anunciou o lanzamento próximamente de axudas por valor de 19,5 millóns de €. Estes fondos irán destinados a medios de comunicación españois que queiran desenvolver proxectos de dixitalización e linguas cooficiais.

A iniciativa inscribese no “PERTE Nova Economía da Lingua: Información en español e linguas cooficiais” que ten por obxecto promover o potencial económico do español e das linguas cooficiais impulsando a internacionalización, difusión e expansión do sector dos medios de comunicación en ditas linguas.

obxectivo consiste en apoiar ás empresas españolas que interveñan no entorno dos medios de comunicación nos seus proxectos de transformación dixital e difusión de contidos, así como na adopción de novas ferramentas tecnolóxicas para a xestión e tratamento de contidos en español e linguas cooficiais.

Próximamente, a SETT dará a coñecer a convocatoria destas axudas a través dos seus canles habituais: páxina web e redes sociais, así como polos cauces de difusión da Administración Pública. Mentres tanto, é posible consultar a memoria da solicitude e documentación complementaria para que as empresas interesadas poidan preparar as súas propostas.