Estás en:
Atrás
A Xunta preselecciona 36 propostas presentadas por grandes empresas que agora poderán optar, xunto ás PEMES, ao Fondo de Transición Xusta
Atrás
06/07/2022
A Xunta preselecciona 36 propostas presentadas por grandes empresas que agora poderán optar, xunto ás PEMES, ao Fondo de Transición Xusta
A consulta, á que se presentaron 54 iniciativas, era un requisito fixado polo Goberno central para as grandes empresas, xa que só as seleccionadas terán a oportunidade de concorrer xunto ás pemes á convocatoria de axudas que lanzará a Administración autonómica unha vez o Estado transfira estes fondos europeos
- Entre as iniciativas, están proxectos xa presentados á Xunta de Galicia para As Pontes, como a planta de hidróxeno verde promovida por Reganosa e EDP Renovables, a fábrica de pneumáticos de Sentury Tire ou o centro para a recuperación de papel e cartón de Ence
- Tamén aparecen na lista as novas instalacións proxectadas por Showa Denko na Coruña, o centro de produción de metanol verde de Forestal del Atlántico en Mugardos ou a planta de Nervión Naval Offshore para a ensamblaxe de estruturas de eólica mariña flotante no porto exterior de Ferrol
- Galicia busca a transformación do tecido empresarial e xerar un impacto económico e social positivo nos lugares identificados como zonas de transición xusta, que no caso galego se corresponde coa provincia da Coruña polo peche das centrais térmicas de Meirama e As Pontes
- A Comunidade disporá de 111 millóns de euros para o impulso de proxectos que faciliten un plan de desenvolvemento territorial sostible e que garantan o mantemento do emprego nestes territorios, favorecendo novas oportunidades entre as pemes galegas