Estás en:
Atrás
Aberta a convocatoria de axudas de actuación integral para a descarbonización da industria manufactureira
Atrás
01/02/2024
Aberta a convocatoria de axudas de actuación integral para a descarbonización da industria manufactureira
As axudas de actuación integral para a descarbonización da industria manufactureira son unha iniciativa do Ministerio de Industria e Turismo que ten como obxectivo promover a descarbonización dos procesos produtivos da industria manufactureira en España. A convocatoria, dotada cun orzamento de 500 millóns de euros en subvencións e 500 millóns en préstamos, enmárcase nos investimentos 5 e 7 “Investimentos de apoio á descarbonización industrial” do Compoñente 31: REPowerEU, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. As axudas concedidas no marco desta convocatoria, que se concederán mediante un procedemento de concorrencia non competitiva, poderán ter a forma de préstamo reembolsable, subvención ou ser unha combinación de ambos. O financiamento público total do proxecto non poderá superar o 80% do orzamento total que se considere financiable. Poderán ser beneficiarias das axudas as sociedades mercantís estatais que desenvolvan algunha actividade industrial e as sociedades mercantís privadas con personalidade xurídica propia, legalmente constituídas en España e debidamente inscritas no rexistro correspondente, con calquera forma xurídica e tamaño, que desenvolvan alguna actividade industrial, con independencia da actividade principal definida nos seus estatutos e agrupacións sen personalidade xurídica propia na que participe unha sociedade mercantil estatal ou privada e que teñan establecido previamente un acordo de agrupación e cumpran os requisitos establecidos na convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes será entre o 24 de xaneiro de 2024 e o 17 de abril de 2024.