Atrás

Aberta a convocatoria de Proxectos innovadores de investimento en instalacións de produción de enerxía eléctrica que utilicen tecnoloxía fotovoltaica e eólica, así como o almacenamento asociado a estes proxectos e a implantación de bombas de calor renovables.

Atrás
30/09/2024

Xa está aberta a convocatoria enmarcada no PERTE ERHA para Proxectos innovadores de investimento en instalacións de produción de enerxía eléctrica que utilicen tecnoloxía fotovoltaica e eólica, así como o almacenamento asociado a estes proxectos e a implantación de bombas de calor renovables.

Conta cun orzamento de 750 millóns de € divididos en dous programas de incentivos.

O seu obxectivo é promover o desenvolvemento e implantación de novas tecnoloxías e solucións no sector enerxético que contribúan á transición cara a un sistema enerxético máis sostible, eficiente e menos dependente das fontes de enerxía non renovables.

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 30 de setembro de 2024 ás 9:00 horas ata o 18 de novembro de 2024 ás 12:00 horas.