Atrás

Acordos do Consello de Ministros do 15 de xullo de 2025 relacionados co PRTR

Atrás
15/07/2025

Acordos do Consello de Ministros do 15 de xullo de 2025 relacionados co PRTR

  • Compromisos PRTR (C2, I7; C13, I6; C13, I7 e C25, I3). ACORDO polo que se modifica o Acordo do Consello de Ministros, do 27 de febreiro de 2024, polo que se establecen as condicións xerais de execución e os termos financeiros para a implementación das facilidades xestionadas polo Instituto de Crédito Oficial, E.P.E., e/ou AXIS Participacións Empresariais SGEICC, S.A., S.M.E., no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia..
  • Compromisos PRTR (C14, I2). REAL DECRETO polo que se modifica o Real Decreto 1073/2021, do 7 de decembro, polo que se regula a concesión directa de subvencións destinadas á financiación do Plan Nacional de Sostibilidade Turística en Destinos Xacobeo 2021, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
  • Compromisos PRTR (C13, I7). ACORDO polo que se autoriza á Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica, E.P.E., para participar no Fundo Fechado de Capital Risco (F.F.C.R.) Armilar Venture Partners IV (AVP IV), mediante a achega de 20.000.000 de euros, correspondentes a 20.000.000 de participacións de clase A1, que representan o 13,3 % do tamaño obxectivo do fondo.

 

Como ampliación ao punto referido ao Plan Nacional de Sostibilidade Turística en Destinos Xacobeo 2021 indícase o seguinte:

No ano 2021, no marco da Conferencia Sectorial de Turismo do 28 de xullo, acordouse que o Programa Extraordinario de Plans de Sostibilidade Turística en Destino correspondente a dita anualidade tivese como prioridade o Xacobeo.

En virtude do anterior aprobouse o Real Decreto 1073/2021, do 7 de decembro, polo que se regula a concesión directa de subvencións destinadas á financiación do Plan Nacional de Sostibilidade Turística en Destinos Xacobeo 2021, ao que se dedican un total de 44.952.000 €, de acordo co establecido na Conferencia Sectorial. As entidades locais galegas beneficiarias das axudas reguladas neste decreto son as que a continuación se detallan:

Entidade Importe total concedido (€)
Concello Vilagarcía de Arousa 2.490.852
Mancomunidade do Salnés 2.116.000
Concello de Oia 1.500.000
Diputación Provincial de Pontevedra 2.069.000

 

O propio Real Decreto establecía, no seu artigo 6, que o prazo de execución das actuacións subvencionables finalizaría o 31 de decembro de 2025, debendo estar xustificadas o 31 de xaneiro de 2026. Neste sentido, por razóns de interese público e para garantir a adecuada execución das actuacións subvencionadas, aprobouse o Real Decreto 635/2025, polo cal se amplía o prazo de execución ata o 30 de maio de 2026, debendo estar xustificadas con data límite o 30 de xuño de 2026.