Atrás

Agricultura convoca axudas a industria pesqueira e acuícola do Plan de Recuperación por 20 millóns de €

Atrás
04/09/2024

Agricultura convoca axudas a industria pesqueira e acuícola do Plan de Recuperación por 20 millóns de €

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación abriu a convocatoria de axudas para a industria transformadora do sector pesqueiro e acuícola dos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), cun orzamento inicial de 20 millóns de €ampliable dependendo da demanda.

Con esta convocatoria, publicada no BOE, os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e Industria e Turismo responden á demanda da industria de transformación dos produtos da pesca e da acuicultura, que solicitou a súa inclusión no Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) Agroalimentario. A industria transformadora española é líder a nivel da Unión Europea (UE) e vertebrador da economía en amplas zonas do litoral español.

A convocatoria ten por obxecto financiar investimentos que se inicien tras realizar a solicitude de axuda. Estes investimentos deberán ser superiores a 1,5 millóns de € e deberán executarse ata o 30 de xuño de 2026, como máximo. As axudas poderán cubrir ata o 50 % do custo do investimento, cun importe máximo de cinco millóns de euros, e prevén a posibilidade de realizar un pago anicipado, previa solicitude do interesado, de ata o 100 % do importe. .

Esta axuda apoiará investimentos relacionados coa eficiencia enerxética, a economía circular , novos produtos, melloras nos envases, sistemas de trazabilidade, uso eficiente da auga e actuacións que redunden na mellora da seguridade, a hixiene e as condicións de traballo.

As solicitudes deberán presentarse na sede electrónica do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación dende o 5 de setembro e ata o 5 de outubro .