Atrás

Agricultura e Cajamar impulsan a actividade do Observatorio de Dixitalización do Sector Agroalimentario

Atrás
05/01/2024

Agricultura e Cajamar impulsan a actividade do Observatorio de Dixitalización do Sector Agroalimentario

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Grupo Cooperativo Cajamar asinaron unha adenda, publicada no Boletín Oficial do Estado, para prorrogar ata finais de 2025 o convenio que os vincula e apoia o Observatorio da Dixitalización no Sector Agroalimentario. Este Observatorio é unha peza clave, dende 2019, na gobernanza da Estratexia de Dixitalización do Sector Agroalimentario e dedícase a recoller información sobre o grao de penetración e adopción das novas tecnoloxías no sector agroalimentario, na labor de seguimento para a transición dixital do sector. Esta iniciativa contou cun orzamento, entre os anos 2021 e 2023, dun millón de euros de fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que agora se amplían noutros 370.000 euros adicionais coa adenda asinada. O sector agroalimentario debe acelerar a súa transformación dixital nos próximos anos, por iso o Observatorio da Dixitalización amplía a súa colaboración con Cajamar. A ampliación do convenio permitirá realizar labores de vixilancia tecnolóxica e obter estudos demoscópicos comparables que permitan unha mellor visión evolutiva do sector agroalimentario e da súa transición dixital.