Estás en:
Atrás
Agricultura, Pesca e Alimentación adquire novos equipamentos tecnolóxicos para avanzar na modernización do control das reservas mariñas
Atrás
23/10/2023
Agricultura, Pesca e Alimentación adquire novos equipamentos tecnolóxicos para avanzar na modernización do control das reservas mariñas
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación adquiriu novos equipamentos tecnolóxicos co fin de avanzar na modernización do control e vixilancia da Rede de Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro, xestionada pola Secretaría Xeral de Pesca. O equipamento obtido consiste nun radioenlace, oito vehículos acuáticos operados por control remoto e dous drons, con financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea (PRTR). O orzamento destinado á adquisición desta tecnoloxía foi de 173.960,32 euros. A Rede Española de Reservas Mariñas está composta por 12 espazos que ocupan unha superficie conxunta de 105.243 hectáreas. Delas, 10.162 hectáreas corresponden a áreas integrais reservadas para o uso exclusivo de traballos científicos.