Atrás

Agricultura, Pesca e Alimentación selecciona 9 empresas emerxentes para participar no primeiro programa de aceleración de La Vega Innova

Atrás
14/11/2023

Agricultura, Pesca e Alimentación selecciona 9 empresas emerxentes para participar no primeiro programa de aceleración de La Vega Innova

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación seleccionou 9 empresas emerxentes que participarán no primeiro programa de incubación e aceleración no hub (nodo) de innovación dixital La Vega Innova do ministerio, en colaboración con Telefónica España. A primeira edición deste programa ten como obxectivo promover a transformación e a competitividade do sector agropecuario e da industria alimentaria a través da innovación tecnolóxica. As 9 empresas emerxentes seleccionadas para a primeira edición do programa, entre as que non hai ningunha galega, son as seguintes: Animal Data (Segovia), Sanzar (Madrid), Plant on Demand (Granada), Biotech tricopharming research S.L (Canarias), AonChip (Barcelona), Hyperplan (París) , Gurban (Madrid), Hiotera (Almería) e Entomo Agroindustrial (Murcia).