Atrás

Arranca a convocatoria de axudas para a dinamización do Patrimonio Histórico dotada con 208,5 millóns de euros

Atrás
13/04/2023

Arranca a convocatoria de axudas para a dinamización do Patrimonio Histórico dotada con 208,5 millóns de euros

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo puxo en marcha a convocatoria de axudas para a Mellora da Competitividade da Dinamización do Patrimonio Histórico con Uso Turístico, dotada con 208,5 millóns de euros. A convocatoria consta de dúas liñas: unha primeira destinada a comunidades autónomas dotada con 69,5 millóns de euros; e unha segunda, destinada ás entidades locais cunha preasignación de 139 millóns de euros. A finalidade destas axudas é potenciar e mellorar a competitividade do turismo cultural en España como produto turístico esencial que representa a identidade, a diversidade cultural e o rico patrimonio histórico do noso país. As condición básicas para a concesión desta subvención son que o patrimonio obxecto de rehabilitación sexa Ben de Interese cultural ou algunha das categorías de protección equivalente, sexa de titularidade da administración solicitante e sexa destinado a uso turístico un mínimo de dez anos sen actividade económica. Cada un dos proxectos que presenten as administración solicitantes deben levar consigo un investimento mínimo de 750.000 euros e non poderá exceder de 3 millóns de euros.