Estás en:
Atrás
As 17 Cátedras Chip para a formación de expertos en microelectrónica e semicondutores
Atrás
16/02/2024
As 17 Cátedras Chip para a formación de expertos en microelectrónica e semicondutores
O Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública, a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, resolveu provisionalmente a convocatoria de axudas do programa 'Cátedras Chip'. Esta convocatoria enmárcase no investimento 8 do compoñente 15 da Adenda ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, dedicada a fortalecer o ecosistema científico e tecnolóxico e aumentar as capacidades de deseño dentro do Proxecto Estratéxico de Microelectrónica e Semicondutores (PERTE Chip).
As Cátedras Chip son unha iniciativa que pretende formar profesionais no ámbito da microelectrónica e dos semicondutores, e promover a I+D a través da colaboración público-privada nas universidades de España. Tras a avaliación dos proxectos presentados na convocatoria, o Comité de Avaliación -do que forman parte membros do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública e do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades- propuxo conceder unha axuda de 45 millóns de euros a 17 iniciativas presentadas nas participan 80 empresas, individualmente ou en consorcio, para o establecemento de cátedras universidade-empresa no ámbito da microelectrónica. O programa está dirixido a financiar cátedras universidade-empresa tanto en centros públicos como privados e mobilizará un investimento público-privado de 54,5 millóns de euros. Os proxectos presentados e beneficiarios destas axudas para establecer estudos superiores en 17 universidades españolas terán unha duración mínima de catro anos. Son dous os beneficiarios galegos, a Universidade de Santiago de Compostela que obtivo un importe de 1.580.875,00 € para a “Cátedra Televés de Diseño Microelectrónico” e a Universidade de Vigo cun importe de 4.737.227,00 € para a “Cátedra: Acceso Abierto a Herramientas de testeo y caracterización de Chips Fotónicos y Electrónicos de Nueva Generación-NEXTCHIP”. O que supón un total de 6,3 millóns de euros, o 14,04% do total concedido.